Servizos e Formación en MARKETING

O target. Música e marketing, a ecuación perfecta

O target. Música e marketing, a ecuación perfecta

O target, ou o público obxectivo, é un dos conceptos máis sinxelos e recoñecibles no mundo do márketing, é por esto que detectalo e fixalo ten máis complexidade do que semella e penso que esto é aínda máis claro no mundo da música.

“Ti tes unha banda, ves de asinar cunha discográfica e esta vai deseñar a túa estratexia de promoción tendo moi en conta a qué público te vas a dirixir”. 

O básico á hora de detectar o teu target é pensar en:

 1) Valores demográficos (a idade e o xénero do teu público, os seus ingresos e estatus social, etc). 

2) Datos xeográficos. En qué lugares vai prender mellor a túa música?, baseándote non só en factores lingüísticos, senón tamén nos estilos que se escoitan en cada territorio. Así, sería absurdo, por exemplo, tentar promocionar  un artista folk que cante en galego, euskera ou catalán en lugares como Extremadura ou Canarias, ainda que logo se podan dar casos coma o de #CarlosNúñez ou #LluisLlach, que conqueriron ir alén da Península. Do mesmo xeito, artistas de country que venden millóns de discos nos EE UU non se promocionan en España, agás en programas de radio ultra especializados coma “Toma 1” de Radio 3, porque saben que os hábitos de consumo desta música en España son moi marxinais.

O factor 3): Os hábitos de consumo e os estilos de vida determinan, por exemplo, en qué medios vas teimar máis ca promoción do artista, a qué influencers vas a acudir?, para dar a coñecer o artista, e qué segmento de mercado vas a ter en conta?. Na música, en particular, esa segmentación do público é chave. Unha estratexia moi comentada foi a utilizada, polo grupo #Taburete, baseada no big data e que buscou ao seu público promocionándose nun medio no que ningún outro músico o fixera antes: #Forocoches. Ti tentas chegar onde o teu target se informa, se relaciona o se conecta co mundo. Por eso, se fas heavy metal buscarás revistas especializadas coma #Kerrang!. Se es un artista de electrónica para a pista de baile, pasarás os teus maxisingles a DJ’s recoñecid@s para que te piquen. Se fas música indie ou alternativa, farás o posible para saír en #Radio3 ou na revista #Rockdelux e, se fas pop comercial, quererás soar nos #40Principales, que te entrevisten en “ #ElHormiguero ” ou chegar a un bo posicionamento entre os artistas recomendados de #Spotify

Porén, Internet e as redes sociais convertéronse no campo de batalla máis activo do momento, e os artistas que detectan actividade por parte do seu público son tamén máis activos en plataformas coma #Instagram, #TikTok ou #Twich. No só eso: tamén pode condicionar ao artista á hora de decidir cómo soar.

Fai uns anos, xa se dicía que mudara a forma de compoñer cancións para enredarte co streaming, e así manter a capacidade de atención e que non trocaran de tema cando soabas no #Spotify, mais hai cada vez máis estudos que confirman que os temas pop son cada vez máis curtos por influencia de TikTok. A plataforma na que te escoitan, ou o xeito no que o fagan, é xa tan importante coma quen te escoita. Por exemplo, o grupo #Ginebras recoñeceu que, cando a súa compañía lle preguntaba cal era a súa máxima aspiración, elas respostaron que:“o que máis querían era ir a tocar aos festivais de verán”. Así, é normal que as súas cancións sexan festivas, pegañentas, moi melódicas e cantareiras, ideais para un público masivo que quere pasalo ben e non comerse o “cabazo”. Outros grupos compoñen cancións basándose nese factor ou, diretamente, copian dos artistas que ocupan os cartaces dos festivais para tentar acadar o mesmo. Nuns poucos anos, podemos contar por dúcias aos imitadores/as que apareron de #VetustaMorla, #Izal ou #IvánFerreiro, por exemplo. 


No caso da música hai outros factores específicos que condicionan o target, os valores ou a moralidade: a identificación con determinadas tribus urbanas, por exemplo, ou a un valor como ser enxebre. A grupos de rock duro como #Extremoduro ou #Marea, o de hip hop como #VioladoresdelVerso, por exemplo, convíñaslle máis non publicitarse e non saír nos medios porque, de cara ao seu público, que veñen a ter valores máis idealistas, collen máis credibilidade se presumen de que “non os precisan”, de que eles non se venden ao mercado (ainda que ese “non venderse ao mercado” sexa, en realidade, a súa estratexia de márketing). 

O prestixio social entre os teus seguidores é fundamental, tanto para ben como para mal

De ti agardan que simpatices con determinadas causas e te desmarques de outras. Así, cando partidos políticos determinados utilizaron cancións nas súas campañas sen contar ca aprobación d@ artista (como “Born In The USA”, de #BruceSpringsteen, por parte de Ronald Reagan, o “No puedo vivir sin ti”, de #CoqueMalla, por parte de VOX), estes apuraron condenar a utilización, para evitar que parte da súa base de fans lles dera as costas por razóns ideolóxicas. Ás veces, tamén aparecen prácticas cuestionables. No caso de cantantes de pop comercial con gran base de seguidoras ou seguidores moi novos e tentad@s tanto polo atractivo sexual d@ artista como pola súa música, animábaselles a ocultar a existencia das súas parellas para que os seus fans pensaran que elas/ eles podían aspirar a ser a parella e non arrincar con fachenda e frustración os pósters das súas paredes. Noutros casos, animouse a cantantes como #RickyMartin ou #PabloAlborán, tamén a #FreddieMercury ou #GeorgeMichael, a ocultar a súa homosexualidad polo medo a que perderan a parte do seu target, maioritariamente feminino e heterosexual salvo no caso de Mercury, quen se confrontaba á homofobia latente de gran parte do público masculino no rock. Hoxe, afortunadamente, esto xa non acontece tanto, e faise máis fincapé en non facer declaraciones inapropiadas no Twitter que provoquen escarnio e boicots ou que unha caída de vez do prestixio e reputación social (mirade o acontecido co #MiguelBosé polo seu posicionamiento negacionista con respecto ao #Coronavirus) ou en acusacións de abuso sexual que podan dar ó traste ca túa carreira (coma no caso de #PlácidoDomingo).

Deixa un comentario