Servizos e Formación en MARKETING

O Producto Mínimo Viable

O Producto Mínimo Viable

Hoxe imos a falar do PMV: un concepto , que cada vez é máis utilizado. Fará uns  20 años, fíxose popular por algúns teóricos do emprendemento de #SiliconValley. De feito, onde máis se utilizou foi no desenvolvemento de start-ups, #software, #videoxogos e outros produtos do sector informático ou das redes sociais (dise que esta técnica utilizouse para validar a saída ao mercado de #Facebook, #Twitter, #Airbnb, #Dropbox e #Spotify). Mais non fiquedes parvos!, a vosa pasta de dentes ou o secador, tamén son resultado dun PMV……velaí…

¿Qué é o PMV?

Trátase dunha estratexia de proba de mercado e desenvolvemento dun ben ou servizo, ca intención de garantir un resultado con valor de mercado e que este vai a ser económicamente rendible, antes de realizar nel un forte investimento de tempo e cartos no seu deseño e elaboración. Básicamente, presentamos o prototipo do que ti queres lanzar ao mercado diante dunha pequena mostra dos posibeis consumidores, definidos coma os #PrimeirosSeguidores, para valorar se paga a pensa invertir nese produto-servizo.

Os Primeiros Seguidores, é o segmento do público, máis afeito a ofrecer opinións e acadar a visión do producto aínda na fase de prototipo.

Como decía o teórico Steve Blank: “Estás a vender a visión dunha novidade e agasallando a visionarios un conxunto mínimo de características, mais non para todo o mundo”. A retroalimentación con este segmento dos potenciais consumidores é fundamental á hora de analizar a viabilidade do produto e mesmo ver a qué problemas se enfrenta e cómo se podería mellorar para facelo máis desexabel.

O caso do Spotify

Exemplo de éxito para o PMV no mundo da industria musical é o do #Spotify. Segundo contan neste artígo  da web ionos.es, a compañía sueca creou en 2006, cando a piratería musical ía a feito. Moitos d@s usuari@s que entón descargaban discos da nube atopábanse con tempos de agarda abondo, con moito risco de virus, publicidade a esgalla e contidos que non se correspondían co título que procuraban descargar. Os suecos crearon esa web para poder acceder con maior facilidade á escoita de música en #streaming, mais arrancou cunha oferta feble en beta e poucas funcións. É ben certo que #Spotify se beneficiou da falta de competencia “legal” nese sector. Existían outras plataformas de streaming de pago, coma iTunes o Rhapsody, mais eles apostaron por un prezo máis baixo ou mesmo, a opción de suscribirse de balde en troques de tener pausas publicitarias. Axiña chegou a esa posición predominante que lle levou a ter un gran poder de negociación cas grandes discográficas á hora de facerse co seu catálogo, ata o punto de que, hoxe por hoxe, se non estás no Spotify, non existes! Triunfo máximo da marca, foi facerse cas discografías de artistas que se opuñan frontalmente, coma #TheBeatles , #PinkFloyd , #NeilYoung , #TaylorSwift o #ElÚltimodelaFila. Chegan a deseñar #algoritmos que rematan marcando as pautas do que se vai grabar. Por exemplo, a proliferación de singles con colaboracións numerosas de diversas figuras é unha estratexia buscada para ser mellor posicionados no algoritmo de Spotify. Nos seus primeiros pasos, para Spotify, foi fundamental esa interacción c@s soci@s, a súa equipa reaccionaba con rapidez aos informes de erro e ás preguntas.

¿Cando deberíamos implementar un PMV?

Recoméndase o PMV naqueles proxectos onde a incertidume sobre su éxito sexa moi alta, especialmente por ser algo innovador. Á hora de aplicar esto a proxectos artísticos, a complexidade dispárase aínda máis, por contar con factores non cuantificables. Hoxe en día, #músicos e #discográficas contan con moitas ferramentas que posibilitan a aplicación desta estratexia. É doado de abondo, pendurar o esbozo dunha canción tocada dende o esquelete, ou simplemente un “snippet” -un pequeno fragmento da misma- en redes sociais coma TikTok, Instagram Stories, Youtube, Soundcloud, Facebook ou Twitter e instantáneamente vas ter opinións dos oubintes, premer en “gustame” ou “non me gusta”, números de escoitas e orixe das mesmas. Esto é, un fluxo de datos moi fiable para valorar, por exemplo, se paga a pena grabala nun estudo profesional, deixala na nube ou fabricala nun disco de vinilo, investir en promoción, os medios para promocionala según quien son os seguidores a quen máis lle gustou ou, se son varias as #cancións que vai amosando o #artista, decidir se grabar un #álbum ou non.

Alén desta estratexia nidia, o certo é o que o desenvolvemento das redes sociais provocou unha transformación moi fonda na promoción da música. Antes apresentábase aos artistas en función de cantos discos de ouro ou platino tíñan ou de cantas persoas podían meter nun concerto. Agora utilízase o número de escoitas, seguidores e likes nas diversas plataformas. Eso mudou a relación entre #músicos e #sellos discográficos. Antes era moi popular a figura del ollador ou #cazatalentos (o #jeadjunter de aghora) que ían aos pequenos gharitos a ver qué novas bandas podía coller e os grupos adicábanse a mandar as súas maquetas (primeiro en casette, logo en CD) ás radios e compañías discográficas ca esperanza de que os escoitaran. Hoxe, o artista pode ir pendurando as súas cancións en Youtube e cando o número de escoitas é moi alto, pode ir él mesmo á discográfica a negociar dende unha posición xerárquica diferente (tal e como revelaban os cantantes canarios de #trap #CruzCafuné, #Bejo e #DonPatricio neste capítulo del programa de #TVE “Un país para escucharlo”

A exploración ou proba do PMV nas redes, tamén da seguridade a un sello. Cando os números de escoitas de músicos noveis, pode ter unha idea bastante nidia do que está triunfando, minimizando os riscos á hora de i-lo fichar. Esto é,  cando o #Youtube e o resto de plataformas fixéronlle de balde a labor de PMV.

O mito da viralidade

Todo o anterior vai emparellado cun dos grandes clásicos da #mercadotecniapop no século XXI: O mito da viralidade. Sobre todo na primeira década deste milenio, houbo moreas de titulares celebrando o éxito de bandas que se deran a coñecer por plataformas coma #Myspace. O caso máis acordado foi o de #ArcticMonkeys, o seu primeiro single, “I Bet You Look Good At The Dancefloor”, acodou tal repercusión  nesa plataforma que, poucos meses despois de penduralo, cando chegaron a actuar ao Festival de Reading, o público que facía cola era oito veces máis grande que o que cabía na carpa na que iban a tocar. Cando o sello #Domino, que por entón viña de descubrir a #FranzFerdinand polos medios tradicionais, botoulles a rede, mais eles xa eran estrelas. Así, o seu primeiro álbum bateu todos os records de vendas no #ReinoUnido de vez. De todos xeitos, ás veces, caemos na tentación de pensar que o medio é a mensaxe. Myspace xa non existe e Arctic Monkeys foron medrando como banda. Do mesmo xeito, #TheBeatles chegaron onde chegaron polo seu talento e non tanto porque o pub #TheCavern os programara, o mesmo se podería dicir da banda do #AlexTurner. Myspace foi a ferramenta que tiveron a man, e fixérono ben, para darse a coñecer, logo é ben certo que son un bo exemplo coma PMV . Porén o festival de Reading soubo apañalos para programalos e o sello Domino para asinalos. Máis desta historia aquí

Fiarse do que agarda o público, seica non está ben visto

No mundo do cinema, é coñecido un caso de PMV, de libro!! ? coma son as “screening”:  pases privados de filmes aínda sen rematar para grupos escollid@s de fans, estratéxicamente seleccionados a través de concursos en webs e outras semellantes. Nos “screenings” obsérvase polo miudo ao público, as súas reaccións de medo, risa ou arrepío, e rematan sendo decisivos tanto para mudar cousas na película como para decidir si salirán nas pantallas ou non, ou o tipo de exhibición que se lle vai dar. Mais na música, non lle dan dese xeito. Sería moi sinxelo que @s músic@s convidasen a seu público a asistir a un “work in progress”, dunha canción ou dun disco e establecer un “feedback” con eles. Lembro dalgúns casos nos que se convidou a un público reducido para presenciar a grabación dalgún disco. Esto aconteceu, por exemplo, co último álbum de #PJ Harvey, “The Hope Six Demolition Project”, que se grabou nunha galería de arte londinense, #TheSomersetHouse, en 2015. As persoas asistentes pagaban unha entrada e podían ver durante 45 minutos á banda tras dunha vidreira, pero @s músic@s non os podían ver a eles co que, en realidade, o “feedback” era ren de ren!!. ¿Qué pasa aquí? Pois que, ao contrario do que acontece na industria do cinema, o criador de música vese a si mesmo nunha posición antagónica á de ser un produto. Veñen fachendeando de compoñer e grabar seguindo os seus devaneos, sen que lles condicionen as opinións dos fans. Máis ainda, na mítica do rock, veñen a trunfar aquelas obras que fendían cas expectativas do que o público agardaba delas, e ese mito épico é o que segue a prevalecer.

Mais tambén é certo que mudou outra cousa. Os músicos novos, os nativos dixitais, como están afeito ao acceso ás plataformas e aos contadores de visualizacións e escoitas, son más conscientes de que unha boa interacción co público e unhas boas cifras poden marcar a diferenza entre vivir da súa música e ter que a deixar,  e cun pouco de sorte, a ver se colles un traballo como “#rider” (boto de menos a palabra #mensaka ?) ou camarero. Antes, era o soño de catro amigos,  mercaban os instrumentos de segunda man, quedaban para tocar nun local de ensaio, chegaban a grabar algunha #maqueta, daban algún #bolo nalgún gharito e cun pouco de sorte, alguén lles botaba o ollo e remataban cun contrato. Hoxe por hoxe, cun #ukelele, un sintetizador calquera, un programa de computador, un micro e a cámara do telemóbil podes pendurar versións dos seus artistas favoritos en Youtube dende o teu cuarto. Se ao final, se viralizan, chegar logo a grabar en estudo y lanzar as túas propias cancións. Este é o modelo actual de éxito do artista novo, y velaí algúns exemplos contemporáneos:

 

Hoxe @ mesmo artista pode saber en pouco tempo e sin gastos, se é un Producto Mínimo Viable ou se é mellor retirarse e adicarse a outra cousa.

Mais, ¿qué foi do crowdfunding?

Ao longo da primera década do milenio, foi moi popular esta práctica: “crowdfunding” ou micromecenazgo, considerada para moitos coma un exemplo de PMV en produtos artísticos. Moitos criativos decidieron non valerse de intermediarios e utilizar estas plataformas para conquerir que, por unha serie de recompensas, o público pagara por adiantado o disco que o artista quería sacar, mesmo antes de comezar a grabalo. A miudo, algunhas desas recompensas sí consistían en incentivos de “feedback” (escoitar parte da grabación, dar a súa opinión), co que a contrapartida non é só creativa, senon que tambén daba pistas aos artista do que podía prestar ou non. En xeral, podemos afirmar que o financiamento coletivo permitía aos músicos ter o capital para investir antes de que a obra estivera feita (arriscado abondo, tendo en conta que agora case ninguén merca un disco sen escoitar nin unha soa nota). O valor chave aquí era a confianza cega e o nome do artista: un músico coñecido ou cun feixe de fans, chegaba a conquerir máis diñeiro do que precisaba en moi pouco tempo, mais non sabemos cantos artistas descoñecidos o tentaron e fracasaron e as súas obras nunca chegaron a ver a luz.

Porén, este é un caso de PMV pouco recomendable en situacións de incertidume ou risco, igual que a famosa estratexia de #Radiohead co seu disco “In Rainbows” (2007), que se considerou paradigmática no seu momento por lanzarse diretamente á rede en libre descarga, deixando que o oubinte pagara o que quixera, sen contar ca discográfica nin  intermediarios. Como modelo de triunfo, falouse que o disco recaudou máis diñeiro desa forma que si se houbera lanzado ao mercado cun prezo estándar, mais os críticos de seguido advirtiron, con razón, que este modelo pode funcionar cun artista recoñecido, pero difícilmente cun descoñecido.

O caso é, como estratexia, o PMV foise desenvolvendo, mellorando e transformándose ao mesmo tempo que evolucionan as ferramentas tecnolóxicas e os comportamentos do mercado.

Neste artígo podémonos dar conta e ficar pasmados de cómo os exemplos que damos de fai 10 anos poden parecer do tempo da María Castaña ?.

Deixa un comentario